Godz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Godz
Orixe Nova York, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1966 - 1973
2007 - actualidade
Xénero(s) rock experimental, garage rock, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s) ESP-Disk
Membros Jim McCarthy
Paul Thornton
Jay Dillon
Larry Kessler

The Godz foi unha banda estadounidense de garage rock procedente de Nova York activa de 1966 ata 1973. A súa música vai dende o primeiro noise rock ata o rock de vengarda e o rock psicodélico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

The Godz comezou a súa carreira en 1966 no selo ESP-Disk. A súa primeira gravación, Contact High With The Godz, producida polo selo a finais de 1966, foi un intento de superar as limitacións e as normas aceptadas da música da época. En 1967 produciron a súa segunda gravación, Godz 2, aínda máis audaz e cuns ambientes sonoros máis experimentais, e que segundo a meirande parte da xente e a súa mellor obra. No seu terceiro traballo, The Third Testament, aparecido en 1968, o cuarteto converteuse nun trío e en 1973 gravaron o seu cuarto e derradeiro traballo, Godzundheit. Ese mesmo ano separáronse.

Jay Dillon morreu anos máis tarde e a principios do 2007 os membros suporvivintes, Jim McCarthy, Larry Kessler e Paul Thornton, reuníronse para realizar novas gravacións.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Contact High With The Godz - 1966 (ESP-Disk)
  • Godz 2 - 1967 (ESP-Disk)
  • The Third Testament - 1968 (ESP-Disk)
  • Godzundheit - 1973 (ESP-Disk)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazons externas[editar | editar a fonte]