GnuCash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Captura de pantalla de GnuCash.

GnuCash é un sistema de finanzas persoal en software libre que utiliza a dobre entrada. Pretendía inicialmente desenvolver capacidades similares ás do programa comercial Quicken da compañía Intuit, é dicir xestión de finanzas persoais. A evolución actual está máis próxima a desenvolver ferramentas para pemes, ademais das finanzas individuais.

Características[editar | editar a fonte]

GnuCash forma parte do proxecto GNU e funciona en moitas plataformas: en GNU/Linux (baixo GNOME), e tamén en Windows (Windows 2000 ou superior), VOS X, FreeBSD, Solaris e outras plataformas UNIX.

Desenvolveuse inicialmente en Linux, pero desde o 15 de xullo de 2007, versión 2.2.0, está tamén dispoñíbel unha versión directamente compilada para usar en Windows. A primeira versión directamente instalable en Mac foi a 1.8.

O programa serve tanto para levar unha contabilidade persoal ou familiar como de pequenas empresas. É facilmente configurábel, utiliza o sistema de contabilidade por partida dobre ou de dobre entrada, permite a creación e modificación dun plan contábel xerarquizado, e incorpora un módulo de facturación e de xestión das relacións con clientes/debedores e con provedores/acredores. Os diferentes estados para a presentación de resultados contábees pódense preparar en forma de informes, que poden acompañarse con gráficos. É fácil a adaptación aos réximes de impostos de diferentes países. Con todo, a súa ergonomía é mellorábel e non ofrece mecanismos de protección que teñen outros programas de contabilidade comerciais propietarios. É conveniente un bo coñecemento de contabilidade para un uso produtivo. É moi potente como ferramenta para fins didácticos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: GnuCash

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]