Giuseppe Olivi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiuseppe Olivi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1769 Editar o valor em Wikidata
Chioggia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 1795 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Padua Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturachurch of St. Catherine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánico , malacólogo , zoólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaOlivi Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaOlivi Editar o valor em Wikidata

Giuseppe Olivi, nado o 18 de marzo de 1769 en Chioggia, provincia de Venecia, Venecia, e finado o 24 de agosto de 1795 en Padua, foi un relixioso e naturalista italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alumno en Chioggia de Francesco e de Giuseppe Fabris, Giuseppe Olivi tomou os hábitos eclesiásticos.[1]

Interesouse no estudo de diversas materias, como a química, a botánica, a mineraloxía, así como tamén na agronomía.[1]

Firmemente fiel ás teorías de Albrecht von Haller (1708-1777), tomou parte en numerosos debates, entre eles sobre a electricidade nos animais.[1]

Obtivo o respecto dos seus contemporáneos cando publicou en 1972 un catálogo razoado dos animais mariños da lagoa de Venecia, Zoologia Adriatica, ossia Catalogo ragionato degli animali del golfo e delle lagune di Venezia.

Gregor Johann Mendel (1822-1884), na introdución da súa célebre obra Versuche über Pflanzen-Hybriden (1866) cita a Olivi como un dos seus inspiradores na xenética.

Morreu en 1795 en Padua, e está soterrado na Igrexa de Santa Cristina desta cidade.

Un busto funerario na súa honra foi erixido no claustro da Basílica de Santo Antonio de Padua.

En 1995, na ocasión do bicentenario da súa morte, a súa cidade natal dedicoulle as giornate oliviane (xornadas olivianas), un Congreso europeo,[2] e unha placa conmemorativa na súa tumba.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Olivi emprégase para indicar a Giuseppe Olivi como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
  • A abreviatura Olivi emprégase para indicar a Giuseppe Olivi como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Ministero dell'Università e della Ricerca Scientifica e Tecnologica (ed.). "Biografía - Giuseppe Olivi". Mille Anni di Storia della Scienza (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  2. "Lezioni Sul Settecento veneto" (PDF). Periodico della Giunta regionale del Veneto (en italiano). decembro 1998. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2013.