George Latimer Bates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorge Latimer Bates

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1863
Abingdon, Illinois
Morte31 de xaneiro de 1940
Chelmsford, Essex
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade de Chicago
Actividade
Lugar de traballo Camerún alemán Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador, naturalista
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBates Editar o valor em Wikidata
Arquivos en

George Latimer Bates, nado o 21 de marzo de 1863 en Abingdon, Illinois (Estados Unidos), e finado o 31 de xaneiro de 1940 en Chelmsford, Essex (Reino Unido), foi un explorador e naturalista (botánico, zoólogo) estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bates estudou no Knox College de Galesburg (Illinois) e no Seminario Teolóxico de Chicago, da Universidade de Chicago.

En 1895, visitou África Occidental e viviu no sueste do Camerún, gañándose a vida como agricutor. Recolleu espécimes de historia natural nas súas viaxes e enviou moitos destes ao Museo de Historia Natural de Londres.

En 1928 trasladouse a Inglaterra e escribiu o Handbook on the Birds of West Africa (1930).

Aprendeu árabe e visitou Arabia en 1934, onde estudou a ornitoloxía do país. Non puido publicar o seu traballo, pero escribiu varios artigos sobre aves árabes para o Ibis.

O seu manuscrito inédito sobre as aves de Arabia foi utilizado máis tarde por Richard Meinertzhagen.

Epónimos[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Bates emprégase para recoñecer a George Latimer Bates como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]