Gelidium spinosum
Gelidium spinosum | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Gelidium spinosum (S.G.Gmelin) P.C.Silva, 1996 | |||||||||||||||||||
Formas e Variedades | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Gelidium spinosum, que se cita moitas veces na bibliografía como Gelidium latifolium, é unha especie de rodófita da clase das florideofíceas, subclase das rodimeniofícidas, orde das xelidiais e familia das xelidiáceas (Gelidiaceae),[1] unha das numerosas comprendidas no xénero Gelidium.[2]
Taxonomía[editar | editar a fonte]
Descrición[editar | editar a fonte]
A especie foi descrita en 1996 polo ficólogo estadounidense Paul Claude Silva.[1]
Sinónimos[editar | editar a fonte]
Ademais de polo seu nome actualmente válido (2021), a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Fucus spinosus S.G.Gmelin, 1768 (protónimo)
- Gelidium corneum var. latifolium Greville, 1830
- Gelidium latifolium Bornet ex Hauck, 1883
- Gelidium latifolium var. typicum Feldmann & Hamel, 1936
Forma e variedade[editar | editar a fonte]
Na especie reconécense unha forma e unha variedade:[1]
- Gelidium spinosum f. elongatum (Hatta & Prud'homme van Reine) P.C.Silva, 1966
- Gelidium spinosum var. hystrix (J.Agardh) G.Furnari, 1997
Hábitat e distribición[editar | editar a fonte]
É unha especie moi común que se pode encontrar durante todo o ano en fondos rochosos non moi profundos con fortes pendentes e pouco iluminados,[3] en costas protexidas e semiexpostas, sobre as rochas ou como epífita sobre outras algas, na zona mesolitoral inferior, e tamén nas pozas inyermreais do mesolitoral medio.[4]
Distribúese polo Atlántico e o Mediterráneo.[3]
Características[editar | editar a fonte]
A cor do talo varía de rosada a vermella escura. Vive fixada ao substrato mediante uns filamentos rastreiros cilíndricos dos que saen os eixes principais, que son planos e están dispostos irregularmente, chegando a medir 6 cm de alto por 3 mm de largo. Estes eixes ramifícanse varias veces de xeito pinnado irregular.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Gelidium spinosum (S.G.Gmelin) P.C.Silva, 1996 no WoRMS. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ Xénero Gelidium J.V.Lamouroux, 1813 no WoRMS. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Parque Nacional de las Atlánticas de Galicia. Gelidium latifolium Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 González, García Álavarez & Míguez Rodríguez 1998, p. 99.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gelidium spinosum |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gelidium spinosum |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- González, Concepción, Óscar García Álavarez e Luís Míguez Rodríguez (1998): Algas mariñas de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-263-X.
- Guiry, M. D. & Guiry, G. M. (2017): Gelidium spinosum (S.G.Gmelin) P.C.Silva 1996, en AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultada o 16 de febreiro de 2021.
- Silva, P. C., Basson, P. W. & Moe, R. L. (1996): Catalogue of the benthic marine algae of the Indian Ocean. Universidade de California en Berkeley: University of California Publications in Botany 79: 1–1259. ISBN 978-0520-09810-7.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia. Gelidium latifolium Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán).