Gardner Pinnacles
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Gardner Pinnacles | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Estados Unidos |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Arquipélago de Hawai |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitadas |
| Superficie | 0,024 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 25°1′N 167°59′W / 25.017°N 167.983°W |
| Maior Altura | 52 m |
| Localización | |
Os Gardner Pinnacles (en hawaiano Pūhāhonu) son dúas rocas das illas de Sotavento de Hawai. Están situadas a 174 km ao noroeste de French Frigate Shoals.
Constan de tres pináculos cónicos de orixe volcánico de 90, 100 e 170 metros de altitude. Dous deles están unidos á mesma roca separada 100 metros da outra. A superficie total é de 0,02 km². Están poboados por 12 especies de aves tropicais.
As rocas foron descubertas o 2 de xuño de 1820, polo capitán estadounidense Joseph Allen, do barco Maro de Nantucket, o primeiro baleeiro que chegara ao porto de Honolulú. Diferentes barcos describiron Gardner Pinnacles durante o século XIX cos nomes de Man-of-War Rock ou Pollard Rock