Ganglios linfáticos umerais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os ganglios linfáticos umerais ou braquiais son un conxunto de ganglios linfáticos pertencentes ao membro superior humano. Forman parte dos ganglios linfáticos axilares, o grupo linfático de maior tamaño da drenaxe linfática do membro superior. Son entre catro e seis ganglios localizados na parte máis lateral ou externa da axila. Recollen a linfa que provén dos vasos e ganglios que discorren xunto coa vea cefálica. Transpórtana cara ao tronco linfático subclavio e unha pequena parte cara aos ganglios linfáticos cervicais fondos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)