Galo Páramo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Galo Páramo Eguía 16 de outubro de 1849 (174 anos) Haro, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
José Galo Páramo Eguía, nado en Haro o 16 de outubro de 1849, foi un xornalista español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Colportor protestante. Foi redactor da segunda etapa de El Látigo (1889). Chegou a Monforte de Lemos en 1890 e abriu un templo evanxélico. Sufriu algúns procesos por presuntos ataques á relixión católica[1]. Colaborou en El Heraldo. Periódico evángelico, científico e ilustrado.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Jacoba Eguizábal López e, ao enviuvar, volveu casar na Coruña con Isabel Imperio Mosquera en 1902[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Regional, 25-1-1894, p. 2.
- ↑ El Noroeste, 12-6-1902, p. 2
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- González Raposo, Benito; Gonzalez Raposo, María del Salvador (2007). Liberdade relixiosa e asentamento dos protestantes en Galicia. Vigo: Xerais. p. 243. ISBN 978-84-7154-104-8.