Gabu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Gabu.

Gabu é a principal cidade do leste de Guinea-Bisau e capital da rexión homónima, a súa poboación estimada para 2010 é de 37.525 habitantes[1], o que a converte na segunda cidade do país despois da capital. Foi o centro do reino de Kaabu ata a súa conquista polo reino de Fouta Djallon en 1867. Gabu ten importancia como centro comercial do leste do país e do comercio con Guinea e Senegal. Durante a época colonial chamouse Nova Lamego .

Notas[editar | editar a fonte]