Funchal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 32°39′N 16°55′W / 32.65°N 16.917°W / 32.65; -16.917

Funchal
FNC.png Pt-fnc1.png
Situación xeográfica
LocalFunchal.png
Estado: Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión: Flag of Madeira.svg Madeira
Illa: Madeira
Concello: Funchal
Xeografía
Altitude: 0 msnm
Superficie: 76,15 km²
Poboación
Poboación total: 112.015 hab. (2011)
Densidade de poboación: 1.323 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal: 9004 - 512 Funchal
Alcalde: Miguel Filipe Machado de Albuquerque (PSD)
Sitio na web: www.cm-funchal.pt

Funchal, cunha poboación aproximada de 112.015 habitantes (segundo datos de 2011), é a capital da illa de Madeira, unha das rexións autónomas da república de Portugal. Ademais da capitalidade, a cidade é o centro urbano máis grande da illa.

Fundada por João Gonçalves Zarco no ano 1421, só adquiriu o estatuto de cidade no ano 1508 de mans do rei Manuel I. A cidade de Funchal, e como parte do municipio, unenselle as Illas Salvaxes e as Illas Desertas, dúas reservas naturais situadas a 160 quilómetros (ambas despoboadas).

Índice

Parroquias [editar]

Funchal está dividida en dez parroquias:

Un volcán do planeta Marte recibe o nome da cidade.

Historia [editar]

No século XVI, Funchal converteuse nun importante porto no percorrido entre as colonias dos países europeos, transformándose rapidamente nunha cidade próspera. Igualmente, converteuse no peirao dende o que se embarcaba toda a produción de azucre e viño da illa.

Economía [editar]

Nesta cidade predomina o sector terciario, moi ligado ao turismo, nas áreas de comercio, restauración e servizos de hostalería, seguido polo sector secundario, coas industrias de construción, lácteos, floricultura e artesanía.

Na agricultura predomina o cultivo da Viña seguido da bananeiras e finalmente de flores ornamentais e froitos subtropicais. A gandería ten pouca importancia, sobre todo na creación de aves, coellos e ovinos.

O porto do Funchal é un centro turístico e de importancia relevante para os cruceiros europeos que fan escala para Marrocos, illas Canarias, Caribe e Brasil, sendo a primeira punto de parada na viaxe inaugural do Queen Mary 2, o maior buque de cruceiro do mundo..

Cidades irmás [editar]

Están irmandadas con Funchal:

Personaxes relevantes [editar]

Lugares de interese [editar]

  • Mercado dos Lavradores
  • Catedral
  • Xardín Botánico de Madeira
  • Bodegas de Funchal
  • Xardín Municipal de San Francisco
  • Convento de Santa Clara
  • Museo de Arte Sacra
  • Praza do concello

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]