Full Metal Jacket
| Full Metal Jacket | |
|---|---|
| Título orixinal | Full Metal Jacket |
| [[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Stanley Kubrick |
| Produtor | Stanley Kubrick Jan Harlan |
| Guión | Stanley Kubrick Michael Herr Gustav Hasford Novela: Gustav Hasford |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Matthew Modine Adam Baldwin Vincent D'Onofrio R. Lee Ermey |
| Música | Vivian Kubrick |
| Fotografía | Douglas Milsome |
| Montaxe | Martin Hunter |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Warner Bros. Pictures |
| Ano | 26 de xuño de 1987 |
| Duración | 116 min. |
| País | Estados Unidos Reino Unido |
| Xénero | |
| Orzamento | $17,000,000 (estimatado) |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Full Metal Jacket (coñecida en España como La chaqueta metálica e en Latinoamérica como Cara de guerra ou Nacido para matar) é a penúltima película de Stanley Kubrick baseada na novela The Short-Timers de Gustav Hasford, contén a súa visión moi persoal do conflito de Vietnam. A película foi aclamada pola crítica e o público, a pesar da súa notable dose de violencia.
Índice |
Argumento[editar]
A cinta está claramente dividida en dúas partes: a primeira no campo de adestramento dun pelotón do Corpo de Marines dos Estados Unidos que se preparan para a guerra; a segunda é xa propiamente o campo de batalla en Vietnam. No primeiro segmento de película, Kubrick céntrase en tres personaxes: o sarxento Hartman (interpretado, cunha extensa e ofensiva linguaxe, polo militar real R. Le Ermey) e os soldados Pyle (Vincent D'Onofrio) e Joker (Matthew Modine), o primeiro un cadete gordo e torpe. Na segunda parte, os soldados, feitos "máquinas para matar", atópanse xa na guerra, sendo Joker un correspondente de guerra.
Comentarios[editar]
Con referencias ás películas de John Wayne, á cultura pop norteamericana dos anos 60 e ata ó club de Mickey Mouse, Kubrick converteu a Full Metal Jacket nunha película de culto. Estreada só uns meses logo da tamén épica de Vietnam, Platoon de Oliver Stone, a película céntrase máis nos personaxes e nas súas relacións. A cámara segue incesantemente ao sarxento en toda a primeiro metade da cinta, dando un toque de realismo á posta en escena. A cámara en man tamén segue ós soldados na segunda parte, mentres se enfrontan a un desapiadado francotirador.
Orixe do título[editar]
O título orixinal Full Metal Jacket fai referencia ó tipo de munición habitual nas armas persoais de guerra, como rifles de asalto, pistolas, e metralladoras. É a típica bala redondeada usada en armas curtas, como 9 mm ou cal. 38; ou ben puntiaguda como o calibre 7.62×51mm OTAN, munición do M-14 e o M-16 usados polo Exército de EEUU en Vietnam, co que na sociedade de EEUU, tan habituada ó uso de armas e familiarizados con estas, o título é unha "chiscadela" que xa dá pistas do contido da película.
Ligazóns externas[editar]
- Reseña en FilmAffinity
- Reseña en IMDb (en inglés)
- Artigo sobre a munición tipo Full Metal Jacket - Wikipedia en inglés.