Fritz the Cat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o filme vexa: Fritz the Cat (filme)
Fritz the Cat
Autor(es) Robert Crumb
Status actual Finado
Data de lanzamento Xaneiro 1965
Data de remate 1972
Xénero(s) Humor
Precedido por Animal Town

Fritz the Cat é unha tira cómica creada por Robert Crumb. Ambientada nunha cidade de animais antropomorfos, a tira céntrase en Fitz, un gato artista que frecuentemente anda en aventuras salvaxes moitas veces envolto en asuntos sexuais. Crumb empezou a debuxar este personaxe de novo na súa casa, e tornouse na súa máis famosa creación.

A tira apareceu nas revistas Help! e Cavalier. Logo gañaría fama en publicación asociadas coa escena do cómic underground entre 1965 e 1972, sendo un dos seus máximos expoñentes.

A tira obtivo aínda máis fama cando se fixo unha película, no debut como director do animador Ralph Bakshi. Foi o primeiro filme de animación en recibir a clasificación X nos Estados Unidos, e o maior éxito do cine independente animado até a data.

Crumb deixou a tira en 1972 tras discrepancias cos realizadores. Publicou unha historia onde Fritz era asasinado por unha ex-moza. Un segundo filme, The Nine Lives of Fritz the Cat, foi feito en 1974, pero sen a implicación nin de Bakshi nin de Crumb.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]