Fritz the Cat (filme)
| Fritz the Cat | |
|---|---|
| Título orixinal | Fritz the Cat |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Ralph Bakshi |
| Produtor | Steve Krantz |
| Guión | Ralph Bakshi |
| Baseado en | Fritz the Cat de Robert Crumb |
| Intérpretes | Skip Hinnant Rosetta LeNoire |
| Música | Ed Bogas Ray Shanklin |
| Fotografía | Ted Bemiller Gene Borghi |
| Montaxe | Renn Reynolds |
| Estudio | Aurica Finance Company Black Ink Fritz Productions Steve Krantz Productions |
| Distribuidor | Cinemation Industries |
| Ano | 1972 |
| Duración | 78 min. |
| País | Estados Unidos |
| Xénero | Animación, comedia |
| Orzamento | $850.000 |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | The Nine Lives of Fritz the Cat |
| Ficha en IMDb | |
Fritz the Cat é unha película estadounidense animada de 1972 escrita e dirixida por Ralph Bakshi, o seu filme debut. Baseado na tira cómica do mesmo nome de Robert Crumb, o filme foi a primeira animación en recibir a clasificación X nos Estados Unidos. Relata as aventuras de Fritz (coa voz de Skip Hinnant), un felino antropomorfo de mediados dos sesenta en Nova York que explora o hedonismo e o coñecemento sociopolítico. É unha sátira da vida universitaria da época, das relación raciais, do movemento do amor libre e da política da esquerda e da dereita. Fritz the Cat é o maior éxito do cinema animado independente de todos os tempos, que recadou arredor de cen millóns de dólares por todo o mundo.[1]
O filme tivo unha produción problemática e unha controvertida estrea. Crumb estivo en desacordo cos realizadores sobre o contido político do filme. with the filmmakers over the film's political content.[2][3][4] Fritz the Cat foi controvertido pola súa clasificación X e polo seu contido, que moitos encontraron ofensivo para o seu tempo. O seu éxito axudou para facer outras moitas películas animadas irreverentes, así como unha secuela, The Nine Lives of Fritz the Cat, aínda que sen a implicación de Crumb e Bakshi.
Notas [editar]
- ↑ Gibson, Jon M.; McDonnell, Chris (2008). "Fritz the Cat". Unfiltered: The Complete Ralph Bakshi. Universe Publishing. pp. 58. ISBN 0-7893-1684-6.
- ↑ Maremaa, Thomas (2004 (1972)). "Who Is This Crumb?". R. Crumb: Conversations. D. K., Holm. pp. 28. ISBN 1-57806-637-9.
- ↑ Barrier, Michael (1972). "The Filming of Fritz the Cat: Crumb, His Cat, and the Dotted Line". Funnyworld. http://www.michaelbarrier.com/Funnyworld/FritzPartOne/FritzThree.htm. Consultado o 25 de xaneiro de 2012.
- ↑ Barrier, Michael (1973). "The Filming of Fritz the Cat: A Strange Breed of Cat". Funnyworld. http://www.michaelbarrier.com/Funnyworld/FritzPartTwo/FritzFive.htm. Consultado o 25 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Fritz the Cat na páxina oficial de Ralph Bakshi.