Francisco Lema Sendón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Lema Sendón
Biografía
Nacemento1876 Editar o valor em Wikidata
Vimianzo Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Francisco Lema Sendón, nado en Vimianzo cara a 1876, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dono dun café-bar e comercio en Vimianzo. En 1919 era presidente da Sociedade de Gandeiros de Castrelo e Berdoias.[1] Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Vimianzo. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 25 xunto con Andrés García Ferreiro e Manuel Alborés Gándara.[2] Logrou fuxir, e en xullo de 1937 o xulgado militar fixo pública unha requisitoria.[3] Estivo agochado até 1939. Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de reponsabilidades políticas en 1940.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Santiago, 7-11-1919, p. 1.
  2. "Sucesos en Vimianzo" La Voz de Galicia, 2-8-1935, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 10-7-1937, p. 4.
  4. BOE, 4-6-1940, p. 2721.
  5. BOE, 23-5-1945, p. 1814.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]