François Claudius Koënigstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ravachol Portrait.jpg

François Claudius Koënigstein, máis coñecido como Ravachol, nado en Saint-Chamond (Loira) o 14 de outubro de 1859 e finado en Montbrison o 11 de xullo de 1892, foi un militante e anarquista francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Era fillo de pai holandés (Jean Adam Koeningstein) e nai francesa (Marie Ravachol). Ravachol traballou na súa mocidade como obreiro textil, mantendo a súa familia e vivindo nunhas lamentables condicións económicas. Tamén tocaba o acordeón nos bailes dominicais de Saint-Étienne.

En 1891 foi acusado de robo e asasinato a un relixioso de 93 años. Tamén foi acusado de saquear tumbas.

As súas achegas teóricas[editar | editar a fonte]

Malia que se lle atribúe case toda a teoría anarquista, moi pouco hai documentado acerca dalgunha achega á mesma. De feito, varios autores sitúano coma un heroe anarquista que sentou as bases para que póstumos seguidores escribisen pensamentos acerca do tema. As súas accións contra toda orde establecida son, na práctica, reflexo dun resentimento social do que aparentemente era vítima[1].

Manéxase tamén a teoría de que Ravachol estaba fortemente influenciado por burgueses franceses que se encontraban en desvantaxe coxuntural, polo que lles favorecía a crecida do movemento anarquista e a inestabilidade política, tomando cada un a súa parte[2].

Atentados[editar | editar a fonte]

Identificado co movemento anarquista trala represión sufrida polo proletariado o 1 de maio de 1891 en Fourmies, onde unha manifestación obreira reivindicativa acabou con máis de 14 manifestantes mortos e 40 feridos a mans das forzas da orde, sería autor de tres atentados con dinamita contra representantes do aparato xudicial francés.

O 11 de marzo de 1892 Ravachol puxo unha bomba na casa do fiscal de Clichy, Bulot, e o 27 de marzo en casa do conselleiro-procurador Benot. Tamén organizou un atentado contra unha comisaría de París. Os atentados provocaron grandes danos materiais pero non víctimas.

Moitos anarquistas negáronse a concederlle un sitio entre eles ata o momento da súa execución, e algúns estudiosos o consideran un simple delincuente que tomaría posteriormente a causa anarquista como xustificación dos seus actos.[3]

A súa morte[editar | editar a fonte]

Arrestado no Restaurant Véry o 30 de marzo de 1892 polos atentados, o seu proceso iniciouse o 26 de abril, sendo condenado a cadea perpetua, e a morte nun segundo proceso por outros atentados. Morreu na guillotina o 11 de xullo de 1892 en Montbrison.

Iniciou a súa defensa dicindo:[4]

Se tomo a palabra, non é para defenderme dos actos dos que se me acusa, xa que só a sociedade, que pola súa organización pon ós homes en loita continua os uns contra os outros, é a responsable
Ravachol

O 9 de decembro de 1893 Auguste Vaillant arroxou unha bomba na Cámara de Deputados francesa en vinganza. En 1894 foi detido e condenado a morte.

Despois da súa morte[editar | editar a fonte]

Ravachol converteuse posteriormente nunha icona da revolta, prolongándose a súa memoria en numerosas cancións e textos do movemento anarquista.[5]

Anos despois, Jean Maitrón escribiu un libro titulado Ravachol y los Anarquistas; nel fala amplamente da influencia de Ravachol sobre os subseguintes anarquistas.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]