Fragilariophyceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fragilariophyceae
Flagilaria vista no microscopio
Flagilaria vista no microscopio
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Filo: Heterokontophyta
Clase: Bacillariophyceae
Orde: Fragilariophyceae
Xéneros

Fragilariophyceae é un grupo das diatomeas pennadas sen rafe[1]. Son de células alongadas con, polo común, simétricas en cando menos dous planos, un dos cales é o plano pervalvar. O padrón de estrías é bilateral, orientado ao longo da costa (o esternum), pero sempre sen rafe. Poden ter costas e septas e sempre presentan rimopórtulos[2].

Moitos xéneros dentro desta clase teñen moitos plastídios pequenos e discoidais por debaixo da cuberta da valve; aínda que algúns teñen só un ou dous ou moi poucos. Algúns xéneros teñen filas de pequenas espiñas na xunción da cara da valva e o manto, o que lle permite as células que se emparellan formar colonias filamentosas. Porén algúns taxa tamén forman colonias en zig-zag ou colonias estelares por secretar mucus a través de poros apicais ou clústers radiais[2].

Notas[editar | editar a fonte]