Fractura da clavícula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A clavícula está situada no ombro, e articúlase cos óso esterno e omóplato.

A fractura de clavícula é un tipo de fractura que implica a rotura e lesión do óso que leva o mesmo nome. A clavícula e un óso par, sito no ombro, entre o esterno e o omóplato ou escápula. Este tipo de fracturas constitúen arredor dun 5% total das fracturas do corpo humano[1]. A meirande parte delas son producidas por traumatismos indirectos, é dicir, por caídas sobre as mans ou brazos que transmiten a enerxía á clavícula. Só nun pequeno porcentaxe de casos a lesión e por un traumatismo directo na propia clavícula. Os nadóns e lactantes son especialmente vulnerábeis a este tipo de fracturas, sendo típicas as fracturas consecuencia dun parto dificultoso e con uso de instrumentación[2].

Clásicamente a fractura de clavícula clasifícase segundo a zona desta onde se produciu a lesión. Se dividimos a clavícula en tres partes, distinguimos o terzo proximal (máis preto da cabeza e do esternón), o terzo medio, e o terzo distal (que se articula co omóplato). As máis frecuentes son con diferenza as fracturas do terzo medio, sendo 8 de cada 10 fracturas de clavícula deste tipo. As segundas máis frecuentes son as fracturas do terzo distal, e finalmente as máis raras son as do terzo proximal. As fracturas do terzo distal, ademais, clasifícanse en tres tipos segundo o estado funcional dos ligamentos que se insertan na clavícula (Ligamento coraco-clavicular). As fracturas de terzo distal de tipo I están pouco desprazadas, isto é, os fragmentos resultantes da fractura permanecen xuntos sen apenas separación. Ademais os ligamentos coracoclaviculares fican intactos. Nas fracturas do terzo distal de tipo II os ligamentos coracoclaviculares fican desinsertados da clavícula. Nas fracturas de tipo III aféctase a superficia articular da clavícula coa apófise coracoides da escápula.

Síntomas[editar | editar a fonte]

Os síntomas resultantes da fractura de clavícula adoitan ser ben característicos. Polo xeral, o neno, adolescente ou adulto novo sofre un accidente ou caída sobre o ombro. O síntoma principal é a dor e a incapacidade funcional para mover a extremidade afecta. Nas fracturas do terzo medio da clavicula (as máis frecuentes nun 80%) teñen unhas características peculiares. Ao se romper o óso en dous partes, o fragmento máis próximo ao esternon elévase cara arriba por acción do músculo esternocleidomastoideo, mentres que o fragmento distal é desplazado cara abaixo en parte polo propia forza da gravidade que exerce o brazo. Ademais, a postura típica e a rotación interna do brazo a expensas do músculo pectoral maior.

Diagnóstico[editar | editar a fonte]

O diagnóstico deste tipo de lesións faise tanto pola sintomatoloxía típica como polo estudo radiolóxico. O antecedente traumático, a inspección e palpación da fractura, así como a anamese da dor permiten un diagnóstico doado. Aínda así, o diagnóstico definitivo faise por medio dunha raiografía. Normalmente adóitase facer unha raiografía anteroposterior, para avaliar se hai desplazamento da clavícula cara arriba ou cara abaixo; e outra cefálica, para avaliar se hai desplazamento cara adiante ou cara atrás. Pódense facer tamén raiografías funcionais para explorar a función e o estado dos ligamentos coracoclaviculares. O TAC pode ser de utilidade para dar máis detalles da fractura. Emprégase sobre todo nas fracturas do terzo proximal ou distal, por que afectan a articulacións, a articulación acromio-clavicular e a articulación esterno-clavicular respectivamente.

Tratamento[editar | editar a fonte]

Placa de osteosíntese nunha clavícula fracturada.

O tratamento pode ser ortopédico ou cirúrxico. Se non hai desplazamento dos fragmentos da fractura, pódese tratar inmovilizando por medio de férulas. Os obxectivos son diminuír o edema e a dor, así como reducir as consecuencias e complicacións posteriores. As lesións que si están desplazadas, pola contra, han de ser tratadas cirúrxicamente. Tamén son subsidiarias de tratamento cirúrxico cando estas sean abertas, cando exista dano en nervios ou vasos sanguíneos, ou nas fracturas do terzo distal tipo III. Entre as posíbeis complicacións e secuelas tras o tratamento están a pseudoartrose, a consolidación viciosa ou non consolidación das fracturas, as lesións neurovasculares e a artrose postraumática.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fracture, Clavicle". Emergency Medicine: Trauma & Orthopedics. agosto. http://emedicine.medscape.com/article/824564-overview. Consultado o 19 de xaneiro de 2013. 
  2. por MedlinePlus (outubro). "Fractura da clavícula no nadón". Enciclopedia médica (español). http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/001588.htm. Consultado o 20 de abril de 2009. "Unha fractura do óso do ombro (clavícula) nun nadón pode acontecer durante un parto vaxinal difícil e, de deito, é bastante común durante os nacemeentos complicados."