For Your Own Special Sweetheart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

For Your Own Special Sweetheart
Álbum de Jawbox
Publicado8 de febreiro de 1994
Gravaciónagosto - setembro de 1993
Estudio(s)OZ Studio
Duración41:42
Xénero(s)post-hardcore
Selo(s)Atlantic Records
Producido porTed Niceley, Jawbox
Cronoloxía
Novelty
(1992)
For Your Own Special Sweetheart Jawbox
(1996)

For Your Own Special Sweetheart é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de post-hardcore Jawbox, publicado o 8 de febreiro de 1994 a través do selo Atlantic Records. O disco foi producido por Ted Niceley, coñecido sobre todo polo seu traballo con Fugazi. Trátase da estrea da banda cun gran selo tras deixar Dischord Records e fichar con Atlantic. Tamén é o seu primeiro álbum con Zachary Barocas na batería, despois de substituír o batería orixinal Adam Wade dous anos antes. O disco non tivo un grande éxito comercial a pesar de recibir críticas positivas.

"Savory" foi o primeiro sinxelo do álbum, seguido por "Cooling Card". "Motorist" e "Jackpot Plus!" lanzáranse anteriormente nun sinxelo de Dischord e regraváronse para este disco. O álbum foi remasterizado e reeditado por DeSoto en 2009 con tres cancións extra (caras b do sinxelo "Savory") e unha nova portada.[1]

A publicación en liña Pitchfork Media situou a For Your Own Special Sweetheart no número 70 da súa lista dos 100 mellores álbums dos anos 90.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "FF=66"   2:41
2. "Savory"   4:39
3. "Breathe"   2:47
4. "Motorist"   3:43
5. "LS/MFT"   2:50
6. "Cooling Card"   2:51
7. "Green Glass"   3:26
8. "Cruel Swing"   2:16
9. "Jackpot Plus!"   2:34
10. "Chicago Piano"   3:30
11. "Reel"   3:39
12. "U-Trau"   3:10/3:01
13. "Whitney Walks"   3:57
Cancións extra da reedición de 2009
N.º Título Duración
14. "Lil' Shaver"   2:10
15. "68"   3:17
16. "Sound on Sound" (versión de Big Boys) 4:06
51:15

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jawbox - For Your Own Special Sweetheart". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-11-15. 
  2. "Top 100 Albums of the 1990s - Page 4". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-11-15.