Florentino Pérez Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFlorentino Pérez Rivas
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Llaviana, España Editar o valor em Wikidata
Morte2007 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Llaviana, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Florentino Pérez Rivas, nado en Llaviana o 14 de decembro de 1916 e finado no mesmo concello en 2007, foi un guerrilleiro antifranquista asturiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albanel veciño de Canzana. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Canzana dende 1934. O seu irmán Jesús morreu aos 22 anos na folga xeral revolucionaria de 1934. Logo da caída de Asturias en outubro de 1937 foi detido. Xulgado consello de guerra o 21 de xuño de 1938, foi condenado a 30 anos de reclusión. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1938.[1] Estivo internado no campo de concentración de Camposancos, na prisión de Figueirido dende o 12 de agosto de 1938 ata o 16 de xaneiro de 1942, en que foi trasladado ao Destacamento Penal das Minas de Silleda, do que saíu en liberdade condicional en 1942,[2] incorporándose á guerrilla. Escapou da salvaxe represión do Pozo Funeres en 1948.

Formou parte do grupo de 29 guerrilleiros socialistas que o 23 de outubro de 1948 foron evacuados desde o porto de Luanco (Gozón) a Francia nun barco fretado por Indalecio Prieto desde Saint-Jean-de-Luz. Estableceuse en Belfort (Territorio de Belfort). Traballou como albanel e pertenceu ás seccións da UGT e do PSOE de Belfort. Foi tesoureiro do Grupo Departamental do PSOE de Territorio de Belfort onde residiu ata finais da década dos noventa. Regresou a Llaviana, onde morreu en 2007.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo, 7-12-1938, p. 3.
  2. BOE, 24-6-1942, p. 4451.
  3. La Nueva España, 11-4-2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]