Flatulencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fart.svg

Unha flatulencia, vulgarmente denominada peido, é o residuo gasoso da dixestión que sae polo ano.

Proceso[editar | editar a fonte]

Durante a dixestión, os encimas segregadas polo páncreas e o estómago encárganse de romper moléculas grandes, a fin de que poidan ser absorbidas no intestino delgado. Isto xera sempre residuos que o corpo ten que eliminar en forma sólida e líquida (que podemos relacionar cos excrementos) e en forma gasosa (peidos, bufos ou ventosidades).

A procedencia do peido está ligada ao pudor, e xunto cos sons que produce cando é expulsado, fan que estea vinculado ao humor escatolóxico.