Fibra de Rosenthal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fibras de Rosenthal. Tinción hematoxilina-eosina amosando as estruturas alongadas eosinofílicas nun caso de astrocitoma pilocítico. Aumento do 400%

A fibra de Rosenthal é un feixe groso e alongado, cunha contorna irregular e forma de espiral eosinofílico que aparece na tinción hematoxilina-eosina do cerebro perante a presenza de gliose de longa evolución, ás veces tumores, e nalgunhas alteracións metabólicas. Son características tamén do astrocitoma pilocítico cerebeloso, tamén coma resposta cerebral reactiva ao craneofarinxioma ou ás cavidades sirínxeas, e coma consecuencia da doenza de Alexander nas zonas periventriculares e subpiais.[1]

Composición[editar | editar a fonte]

As fibras poden ser atopadas en procesos astrocíticos, e crese que son grupos de filamentos intermedios de proteínas. Os seus compoñentes inclúen proteína ácida fibrilar glial.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Compendio de patoloxía estrutural e funcional Robbins e Cotran. 7.ª edición. Editorial Elsevier
  2. Tanaka KF, Ochi N, Hayashi T, Ikeda E, Ikenaka K (Octubre). Fluoro-Jade: new fluorescent marker of Rosenthal fibers. DOI:10.1016/j.neulet.2006.08.014. PMID 16949206. http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0304-3940(06)00802-0. Consultado o 15 de enero de 2012.