Fiat BR.20
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fiat BR.20 Cicogna | |
|---|---|
| BR.20M en 1940 | |
| Tipo | Bombardeiro medio |
| Fabricante | Fiat |
| Construídos | 600 |
O Fiat BR.20 Cicogna (cegoña) foi un bombardeiro bimotor medio italiano da Segunda Guerra Mundial fabricado por Fiat. Voou por primeira vez en febreiro de 1936 e tiña unhas prestacións mediocres. Construíronse uns 600 exemplares, dos cales 85 foron para Xapón. Cando entrou en servizo en 1936 foi o primeiro bombardeiro totalmente metálico italiano, e foi considerado un dos bombardeiros medios máis modernos do mundo.