Saltar ao contido

Ferran Hurtado Sanchis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFerran Hurtado Sanchis
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1913 Editar o valor en Wikidata
Tavernes Blanques, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 2001 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Manresa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, catedrático de bacharelato Editar o valor en Wikidata


Ferran Hurtado Sanchis, nado en Tavernes Blanques o 6 de marzo de 1913 e finado en Manresa o 15 de novembro de 2001, foi un pintor, delineante, profesor e crítico de arte valenciano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Residiu en Manresa desde comezos da década de 1940. Licenciado en pintura e debuxo, foi discípulo de Ricardo Verde Rubio e Martín Vidal Corella.[1]

Foi profesor de debuxo no Instituto Lluís de Peguera[2] e na Escola de Artes e Oficios en Manresa.

Exerceu a crítica e divulgación da arte a través de artigos, conversas en radio e conferencias. As súas obras están no museo de Igualada e o Museo Rexional de Manresa.

Foi autor e coautor de libros de texto na súa especialización docente. Na década de 1960 escribiu, polo menos, tres libros coa Editor Cosmos chamado Dibujo,[3] Dibujo Lineal[4] e Metodología de dibujo.[5]

A súa primeira exposición foi en Manresa, no Teatro Kursaal de Manresa en 1942. Fixo exposicións individuais (por exemplo en La Plana de l'Om) e colectivas.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou coa pintora Amparo Díaz Fernández.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]