Fernando Lopes-Graça
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Lopes-Graça (Tomar, 17 de decembro de 1906 — Parede, Cascais, 27 de novembro de 1994) é considerado un dos maiores compositores portugueses do século XX.
Ao longo da súa carreira traballou como compositor e musicólogo.
As súas principais influencias viñeron da música popular portuguesa que estudou, continuando o labor doutros musicólogos comoFrancisco de Lacerda.
El era membro do Partido Comunista Portugués, e forte opositor do réxime fascista do Estado Novo de António Oliveira Salazar.
Axudou a completar o "Dicionário de Música" comezado polo seu mestre, Tomás Borba.
Obras Literarias [editar]
- Disto e Daquilo
- A Música Portuguesa e os seus Problemas
- Cartas com Alguma Moral
- A caça aos coelhos e outros escritos polémicos
- Ensaios Musicológicos
- Diário (quase)
- Reflexões sobre Música
- Opúsculos I, Opúsculos II, Opúsculos III
- Música e Músicos Modernos
- Talia, Euterpe & Terpsicore
- A Canção Popular Portuguesa
- Musicália