Fender Musicmaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fender Musicmaster de 1978

A Fender Musicmaster é unha guitarra eléctrica de Fender, sendo a súa primeira guitarra cunha escala de 3/4. Cunha pastilla sinxela e sen trémolo era un instrumento moi básico pero funcional, destinado ao estudio.

O traballo de deseño da Musicmaster e da versión con dúas pastillas, a Duo-Sonic, comezou a finais de 1955 a petición da división de vendas de Fender. Os prototipos foron realizados a comezos de 1956 e a súa produción comezou a finais de abril dese ano, usando un corpo que permitise enrutar dúas pastillas para que fose común co da Duo-Sonic. A Duo-Sonic e a Musicmaster tamén compartían un mastro e caravilleiro dunha única peza de pradairo, cunha escala de 22,5 polgadas e 21 trastes.

Houbo un importante redeseño desas guitarras en 1959, cando todo o catálogo de Fender foi actualizado. Nese tempo, a Musicmaster e a Duo-Sonic recibiron un golpeador de plástico en lugar do anterior de aluminio anonizado, e pasou a ter un mastro de pradairo e un caravilleiro de palisandro, en dúas pezas.

En 1964, despois da aparición da Fender Mustang, tanto a Musicmaster como a Duo-Sonic foron redeseñadas usando o corpo e o mastro da Mustang. Este corpo era máis longo e estaba lixeiroamente desprazado, e foi equipado cun golpeador de plástico, pero cos contris de ton e volume montados en placas de metal separadas. O caravilleiro tamén foi alongado. Os tres modelos ofrecéronse coa opción de escala de 24 polgadas e 22 trastes ou 22,5 polgadas e 21 trastes. A de 24 polgadas demostrou ser a máis popular das dúas. A redeseñada Musicmaster foi bautizada como Musicmaster II e a súa compañeira como Duo-Sonic II, e ámbalas dúas usaban un corpo da Fender Bronco.

Certos modelos da Musicmaster, especialmente os fabricados entre 1978 e 1980, tiñan un acabado que reccionaba negativamente coa capa base. Isto causou que a moitas Musicmasters superviventes dese período se lle despegase a pintura do seu corpo.

A Musicmaster foi producida ata 1982, cando a súa produción (xunto coa da Duo-Sonic da Mustang) foi abandonada en favor do novo modelo Fender Lead.

A Fender Swinger, outra guitarra cunha escala de 22,5 polgadas, foi producida usando a mesma ponte, electrónica e golpeador que a Musicmaster, pero usando o corpo modificado do Fender Bass V.