Feliciano Canto López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFeliciano Canto López
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 1964 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónperito agrícola , político Editar o valor em Wikidata

Feliciano Canto López, nado en Lugo cara a 1884 e finado na mesma cidade o 17 de xuño de 1964, foi un perito agrícola e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto de Francisco Andrés López Fernández. Estudou o bacharelato en Lugo. Perito agrícola de Lugo, foi elixido presidente da Asociación de Peritos Agrícolas da provincia de Lugo en 1927,[1] e continuou como presidente en 1932. Foi secretario da Liga de Amigos de Lugo. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Lugo en 1927.[2] Dirixiu Galicia Agrícola e colaborou en El Progreso, Vanguardia Gallega, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, Voz y Voto e nas Hojas Divulgadoras do Ministerio de Agricultura.[3] Afiliado a Izquierda Republicana, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do servizo e baixa na escala en xaneiro de 1937,[4] e abríronlle expedientes de responsabilidades políticas. Reincorporado ao servizo, foi nomeado perito superior de primeira clase do Corpo Pericial Agrícola do Estado en febreiro de 1954.[5] Finou en Lugo o 17 de xuño de 1964.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Vademécum de los abonos. Lugo: La Voz de la Verdad, 1955.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 16-6-1927, p. 2,
  2. El Correo Gallego, 7-7-1927, p. 4.
  3. Hojas Divulgadoras, 9, mayo 1935.
  4. Suplemento nº 35 al BOE 11-2-1937, p. 3.
  5. BOE, 5-4-1954, p. 2148.
  6. Necrolóxica en El Progreso, 18-6-1964, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]