Fedrelandet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fedrelandet
Ficha técnica
Título orixinalFedrelandet
DirectorMargreth Olin
GuiónMargreth Olin
Intérpretes
  • Margreth Olin
  • Jørgen Mykløen
  • Magnhild Mykløen
MúsicaRebekka Karijord
Fotografía
  • Margreth Olin
  • Lars Erlend
  • Tubaas Øymo
MontaxeMichal Leszczylowski
EstudioSperanza Film
DistribuidoraNorsk Film distribusjon
EstreaCPH:DOX: 18 de marzo de 2023
Duración90 minutos
OrixeNoruega Noruega
XéneroDocumental
Recadación919.774 dólares
Na rede
https://www.margretholin.com/songsofearth
IMDB: tt23638508 Rottentomatoes: m/songs_of_earth Editar o valor em Wikidata

Fedrelandet é un filme documental noruegués de 2023 escrito e dirixido por Margreth Olin. No filme, Olin segue ao seu pai de 85 anos durante un ano na contorna natural de Oldedalen en Vestland, onde creceu.[1][2] O filme tivo a súa estrea mundial durante o festival de cinema documental CPH:DOX en Dinamarca o 18 de marzo de 2023,[3] e nos cinemas de Noruega o 1 de setembro dese mesmo ano.[4]

Foi escollido como candidato de Noruega para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[5] mais finalmente non foi nomeado.[6]

Sinopse[editar | editar a fonte]

O filme retrata a viaxe existencial de Olin co seu propio proxenitor envellecido no pano de fondo das paisaxes montañosas de Noruega durante un ano. É unha obra cinematográfica sobre a vida, a morte, a natureza e sobre simplemente estar presente no mundo. O amor e a lealdade de toda a vida dos pais de Olin son un testemuño silencioso de como os arredores e o espazo interior resoan entre si.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Turi Grønbech (1 de setembro de 2023). "Hyller foreldrene i ny film – mistet moren rett før premieren" [Tribute to parents in new film - lost her mother just before the premiere]. NRK (en noruegués). Naver. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  2. Olin, Margreth (16 de marzo de 2023). "Songs of Earth". Cineuropa (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  3. Economou, Vassilis (28 de febreiro de 2023). "CPH:DOX celebrates its 20th edition and unveils its full programme". Cineuropa (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  4. "Songs of Earth (Fedrelandet)". Norwegian Film Institute (en inglés). 18 de marzo de 2023. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  5. "Oscars 2024: Norway submits Toronto doc 'Songs Of Earth'". Screendaily (en english). 2023-09-22. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-23. Consultado o 2023-09-22. 
  6. "96th Oscars Shortlists Announced for 10 Categories". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 21 de decembro de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]