Federación Progresista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Federación Progresista (FP) foi un partido político español que fundou en decembro de 1984 Ramón Tamames logo da súa marcha do Partido Comunista de España, definíase como ecoloxista, federalista e de esquerdas, formou parte de Izquierda Unida cando esta se formou en 1986 ata decembro de 1987.

Apoiou o non no referédum sobre o ingreso de España na OTAN, participando na Plataforma Cívica Anti-OTAN que foi a orixe de Esquerda Unida, na que se integrou a FP logo dun debate interno que levou á dimisión do seu coordinador xeral, Santos Ruesga, partidario dun achegamento ós Verdes, foi substituído por Pablo Martín Urbano.

No III Congreso da FP, decembro de 1987, acordouse a saída de IU polo seguidismo respecto ó PCE, ó pouco tempo Ramón Tamames deixou a FP que acabou disolvéndose en 1988.