Exxon Valdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exxon Valdez.

O Dong Fang Ocean, anteriormente coñecido como Exxon Valdez, Exxon Mediterranean, SeaRiver Mediterranean, S/R Mediterranean e Mediterranean, é un buque petroleiro que cobrou relevancia tras encallar na baía do Príncipe Guillerme, onde verteu 40,900 m³ (257000 barrís) de petróleo na costa de Alaska mentres era propiedade de ExxonMobil. Este foi a segunda maior vertedura petrolífera da historia de Estados Unidos. Foi, en 1989, a 54 maior vertedura da historia.

Catástrofe[editar | editar a fonte]

O Desastre do Exxon Valdez foi un vertido de petróleo provocado polo petroleiro Exxon Valdez tras encallar o 24 de marzo de 1989, cunha carga de 11 millóns de galóns de cru, en Prince William Sound, Alaska, vertendo 37.000 toneladas de hidrocarburo.

Alaska viviu a peor traxedia ecolóxica da súa historia ao encallar o petroleiro e verter millóns de litros de cru que se expandiron sobre máis de 2.000 quilómetros de costa. Para a limpeza da marea negra utilizáronse aspiradores, mangueiras de auga quente a presión, e trasladouse o cru que aínda contiña o Exxon Valdez a outro petroleiro. Os danos á fauna que se produciron nesta zona aínda se seguen a estudar.

A vertedura conduciu á aprobación de nova lexislación ambiental nos Estados Unidos de América (Oil Pollution Act 1990).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]