Explorer 54

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 54 / AE-D
Explorer 54 / AE-D
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento6 de outubro de 1975[1][2][3]
Foguete portadorDelta 2910[2][4][5][6]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][4]
Duración da misiónAproximadamente 4 meses[2]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera superior[2][4]
Decaemento12 de marzo de 1976[1][2][4]
NSSDC ID1975-096A
Masa681 kg[2][4]
DimensiónsPoliedro cun diámetro duns 1,4 metros.[2][4]

Explorer 54, tamén denominado AE-D (Atmospheric Explorer D), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 6 de outubro de 1975 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Delta 2910.[2][4][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Explorer 54 foi continuar os estudos comezados por Explorer 51 sobre os procesos procesos químicos e os mecanismos de transferencia de enerxía que controlan a estrutura e o comportamento da atmosfera terrestre e da ionosfera na rexión de máxima absorción de enerxía solar. O satélite foi inxectado nunha órbita case polar para estuda-las rexións a latitudes altas ao mesmo tempo que Explorer 55 (AE-E) estudaba as rexións ecuatoriais e a latitudes baixas.[2][4]

O satélite era do mesmo tipo que Explorer 51 e usaba os mesmos instrumentos salvo o medidor de radiación solar ultravioleta e o espectrómetro de masas para ións, que si voaron no Explorer 55.[2][4]

Un fallo no panel solar deu por finalizada a misión prematuramente o 29 de xaneiro de 1976, tras apenas catro meses en órbita. Para continuar coas medicións simultáneas reactivouse o Explorer 51, aínda en órbita, o 28 de febreiro de 1976.[2][4] Explorer 54 reentrou na atmosfera o 12 de marzo de 1976.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2012). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 54 (AE-D)" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 NASA (4 de novembro de 2011). "AE-D" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  3. "Note verbale dated 6 April 1998 from the Permanent Mission of Sweden to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE. 28 de abril de 1998. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AE C, D, E" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-2910" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "Delta 2910" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]