Explorer 32

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 32 / AE-B
Explorer 32.jpg
Explorer 32 / AE-B
Tipo Científico
Organización NASA
Data de lanzamento 25 de maio de 1966[1][2][3]
Foguete portador Delta[2][4]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][4]
Duración da misión 10 meses[2][4]
Obxectivo da misión Estudo da atmosfera superior[2][4]
Decaemento 22 de febreiro de 1985[1][2][4]
NSSDC ID 1966-044A
Masa 224,5 kg[2][4]
Dimensións Esfera de 0,889 m de diámetro[2]

Explorer 32, tamén denominado AE-B (Atmospheric Explorer B), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 25 de maio de 1966 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta.[4][2]

Características[editar | editar a fonte]

Explorer 32 tiña forma de esfera de 0,889 m de diámetro feita de aceiro inoxidable e estabilizábase mediante xiro. Foi selado no baleiro para evita-la contaminación da atmosfera local[2][4] e inxectado inicialmente nunha órbita de 2722 km de apoxeo, 283 km de perixeo e unha inclinación orbital de 64,65 graos.[4]

A alimentación eléctrica procedía de baterías de cinc e prata alimentadas por células solares montadas no exterior do satélite.[2][4]

Levaba sensores ópticos e magnéticos para a determinación da actitude e para os sistemas de control de xiro. Para os momentos nos que o satélite non se atopaba dentro do alcance dalgunha das estacións de terra levaba a bordo unha grabadora de datos en cinta para retransmitir os datos posteriormente. Como sistema de comunicacións empregaba dous sistemas de telemetría por modulación de pulso.[2][4]

Aos dez meses o satélite deixou de funcionar debido á despresurización da esfera causada polo fallo das baterías.[2][4]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Explorer 32 levaba un espectrómetro de masas para ións e dous para partículas neutras, tres medidores de densidade e dúas sondas electrostáticas. Os dous espectrómetros neutros deixaron de funcionar aos seis días do lanzamento. O resto de instrumentos funcionaron ben durante toda a vida do satélite.[2][4]

Despois do lanzamento un dos medidores de presión e un dos espectrómetros fallaron. O outro espectrómetro funcionou intermitentemente.[2][4]

Resultados[editar | editar a fonte]

Entre outros, os datos de Explorer 32 permitiron demostrar que as ondas de gravedade na termosfera están asociadas á estrutura en forma de onda da densidade de electróns na rexión F da ionosfera.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "EXPLORER 32 (AE-B)" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2012. http://www.n2yo.com/satellite/?s=2183. Consultado o 12 de marzo de 2012.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 "AE-B" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1966-044A. Consultado o 12 de marzo de 2012.
  3. "Letter dated 26 August 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (66-21526): 2. 2 de setembro de 1966. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=981.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 "Explorer: AE B" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_ae-b.htm. Consultado o 12 de marzo de 2012.
  5. P. L. Dyson, G. P. Newton e L. H. Brace (1970). "In Situ Measurements of Neutral and Electron Density Wave Structure from the Explorer 32 Satellite". JOURNAL OF GEOPHYSICAL RESEARCH 75 (16): 3200-3210. http://www.agu.org/pubs/crossref/1970/JA075i016p03200.shtml.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 32

Outros artigos[editar | editar a fonte]