Within Temptation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Within Temptation
Within-temptation-all.jpg
De esquerda a dereita: Stephen van Haestregt, Jeroen van Veen, Ruud Adrianus Jolie, Sharon den Adel, Martijn Spierenburg, Robert Westerholt.
Orixe Países Baixos, Flag of the Netherlands.svg
Período Dende 1996
Xénero(s) Metal sinfónico, rock sinfónico, metal gótico, metal céltico
Selo(s) discográfico(s) DSFA, Gun Records, Roadrunner
Membros Sharon den Adel
Ruud Adrianus Jolie
Jeroen van Veen
Stephen van Haestregt
Martijn Spierenburg
Robert Westerholt
Antigos membros Ivar de Graaf
Martijn Westerholt
Michiel Papenhove
Jelle Bakker
Ciro Palma
Dennis Leeflang
Richard Willemse
Na rede
www.within-temptation.com
Westerholt, van Haestregt, van Veen, Spierenburg, den Adel, Jolie.

Within Temptation é un grupo musical de procedencia neerlandesa fundado por Robert Westerholt en 1996. Combina elementos da música heavy con outros da música celta, a música clásica e a voz (normalmente en falsete) de Sharon (antes foi cantante soprano), tal e como é habitual na música gótica.

Dous meses despois da súa fundación firmaron un contrato con DSFA Records. En abril do seguinte ano, publicaron o seu primeiro álbum, Enter, embarcándose en novembro nunha xira por Alemaña e Austria. No ano 1998 publicaron o seu primeiro EP, "The Dance".

Permaneceron inactivos durante todo o ano 1999, en decembro do 2000 publicaron un novo disco, Mother Earth, o cal foi un éxito moi grande dentro do gothic metal, e logrou aumentar nunha grande cantidade o número de fans, lo que levou a unha serie de exitosas xiras con grandes concertos a revosar de público. Por esta época publicaron dous sinxelos: "Our Farewell" e "Ice Queen".

2002 foi o ano do seu despegue. O sinxelo "Ice Queen" colocouse número un nas listas de vendas nos Países Baixos e Bélxica. O disco Mother Earth chegou a ser platino en Holanda e disco de ouro en Bélxica. En ambos os dous países recibiron o premio TMF/MTV Awards. O grupo tocou en grandes festivais na Benelux (Ozzfest, Lowlands, Dynamo, Rock Werchter, Pukkelpop, Parkpop), así como en Alemaña (Rock im Park, Bizarre, Summerbreeze). En Francia, Within Temptation fixo unha xira por tódalas cidades importantes (París, Lyon, Lille, Bordeos) vendendo tódalas localidades.

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Within Temptation