European Agreement concerning the International Carriage of Dangerous Goods by Road
O Acordo Europeo relativo ao transporte internacional por Estrada de Mercadorías Perigosas, en inglés European Agreement concerning the International Carriage of Dangerous Goods by Road é un acordo internacional asinado o 30 de setembro de 1957 en Xenebra que regula o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada.
Índice |
Ámbito de aplicación [editar]
O ámbito de aplicación do acordo é o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada, en concreto, que mercadorias non pode ser transportadas por estrada e cales están permitidas e en que condicións. Sen perxuizo de que moitos países, entre eles España, teñan adoptado estas normas tamén para os transportes interiores por estrada. Así o Real Decreto 551/2006, de 5 de maio dí:
1. Las normas del Acuerdo europeo sobre transporte internacional de mercancías peligrosas por carretera (ADR) serán de aplicación a los transportes que se realicen íntegramente dentro del territorio español, con las especialidades recogidas en el anexo I de este real decreto.
Asimismo, se aplicarán al transporte interno las normas contenidas en los acuerdos internacionales bilaterales o multilaterales que, conforme a lo dispuesto en el ADR, sean suscritos por España.
No podrán exigirse condiciones o requisitos relativos a la fabricación y equipamientos de los vehículos más rigurosos que los establecidos en el ADR.Estrutura e contido [editar]
O acordo ADR revísase e públícanse novas versión de xeito bianual, sempre en anos impares. O ADR actualmente en vigor corresponde á edición de 2013.
O corpo do ADR estutúrase en dous anexos, chamados A e B.
Anexo A [editar]
O anexo A divídese en sete partes e recolle as disposicións relativas ás materias e obxectos perigosos.
Parte 1 [editar]
Recolle as disposicións xerais: campo de aplicación, definicións e unidades de medida, formación de obrigas de seguridade dos participantes neste tipo de transportes, restriccións e medidas de protección.
Parte 2 [editar]
(ver mercadoría perigosa)
Recolle a clasificación das materias perigosas.
As materias divídenese en clases que, á súa vez, poden ter, segundo a clase de materia, distintas subdivisións en razón de nivel de perigosidade ou características propias de cada caste de materias. As materias clasifícanse en:
- Clase 1 Materias e obxectos explosivos.
- Clase 2 Gases.
- Clase 3 Líquidos inflamables.
- Clase 4.1 Materias sólidas inflamables, materias autorreactivas e materias explosivas desensibilizadas sólidas.
- Clase 4.2 Materias que poden experimentar inflamación espontánea.
- Clase 4.3 Materias que en contacto coa auga desprenden gases inflamables.
- Clase 5.1 Materias comburentes.
- Clase 5.2 Peróxidos orgánicos.
- Clase 6.1 Materias tóxicas.
- Clase 6.2 Materias infecciosas.
- Clase 7 Materias radioactivas.
- Clase 8 Materias corrosivas.
- Clase 9 Materias e obxectos que presentan perigos diversos.
Parte 3 [editar]
Lista de mercadorías perigosas, que se presentan en dúas táboas: táboa A, que recolle as distintas sustancias segundo os seus números ONU, coas especificacións sobre perigosidade, embalaxes, restricións, etc; e táboa B, que se limita a recoller as sústancias segundo a súa orde alfabética.
O número ONU é unha convención internacional establecida entre os países membros das Nacións Unidas que sirve para designar as materias perigosas Consiste nun número de catro cifras precedido das siglas "UN". Por exemplo: UN 1203 GASOLINA; UN 3065 BEBIDAS ALOCOHÓLICAS. Ás veces non designan unha materia concreta senón un grupo delas (UN 3162 GAS LICUADO TÓXICO).
Parte 4 [editar]
Disposicións relativas a embalaxes e cisternas: tipos de embalaxes e cisternas dispoñibles, materiais cos que se poden construír, características técnicas obrigatorias e medidas de seguridade.
Parte 5 [editar]
Procedemento de expedición: normas que rixen o embalado destas materias. Documentación obrigatoria que debe acompañar os envíos. Marcas de perigo e etiquetas obrigatorias para os embalaxes e para os vehículos que realizan o transporte.
Parte 6 [editar]
Disposicións sobre a construción de embalaxes e cisternas. Esta parte trata das normas que se deben seguir na construción destes elementos e os criterios que deben rexir as probas e ensaios necesarios para a súa aprobación. Adícanse apartados específicos á construción dos distntos tipos de embalaxes e cisternas (grandes embalaxes, cisternas fixas e móbiles, ransporte a granel) e ás normas que deben rexir para embalaxes de gases, sustancias infecciosas e materiais radioactivos.
Parte 7 [editar]
Normas relativas ao transporte (vultos, cisternas e a granel), carga, descarga e manipulación.
Anexo B [editar]
O anexo B, que se divide en dúas partes, recolle as condicións que deben reunir tanto os vehículos que transportan mercadorías perigosas como a tripulación dos mesmos.
Parte 8 [editar]
Disposicións relativas a outros aspectos relacionados co transporte de mercadorías perigosas. Dunha banda, requisitos que debe reunir a tripulación: como formación e instrucións a observar no traballo.
Doutra banda, unha miscelánea que abrangue temas como a documentación, vixilancia, prohibicións en túneles.
Parte 9 [editar]
Disposicións relativas á construción dos vehículos, especificacións técnicas, equipamento, medidas de seguridade. E regulacións sobre algúns vehículos especiais.