Eulogio Rosón López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEulogio Rosón López
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor em Wikidata
Cervantes, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 1955 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Becerreá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAntonio Rosón, Senén Eulogio Rosón Pérez, Juan José Rosón, Eduardo Rosón Pérez, Luis Rosón Pérez Editar o valor em Wikidata
IrmánsEduardo Rosón López Editar o valor em Wikidata

Eulogio Rosón López, nado en Cervantes cara a 1882 e finado en Becerreá o 4 de agosto de 1955, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Pascual Rosón Quindós que foi alcalde e xuíz municipal de Cervantes e irmán de Eduardo Rosón López. Farmacéutico de Becerreá. Foi deputado provincial polo distrito de A Fonsagrada-Becerreá en 1924 e deputado corporativo entre 1925 e 1927. Participou no comité local da Unión Patriótica que se organizou en Becerreá a finais de 1927.[1] Finou en Becerreá o 4 de agosto de 1955.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Mercedes Pérez Álvarez e foi pai de Antonio, María, Senén Eulogio, Mercedes, Luis, Eduardo, Victorino, Lucía, Juan José, Amalia, Francisco Javier e Isaac Rosón Pérez. O seu fillo Isaac, escuadrista da Garda de Franco, foi un dos cincuenta pasaxeiros da lancha "A Monchiña" que finaron no accidente marítimo na San Simón o 22 de agosto de 1950.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López Rodríguez, Pilar; Baz Vicente, Mª Jesús (2008). "Una aproximación a Falange en la provincia de Lugo (1936-1942)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 195–219. ISBN 978-84-9887-000-8. 
  2. El Progreso, 5-8-1955, p. 5.
  3. El Progreso, 24-8-1950, p. 3.