Estevo I de Hungría
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santo Estevo.
Detalle da estatua de Estevo I en Esztergom
Estevo I, ou Santo Estevo, (en húngaro: Szent István; en latín: Sanctus Stephanus I), nado en Esztergom, Panonia, cara ao ano 975 e finado en Székesfehérvár, Esztergom, o 15 de agosto de 1038, foi rei de Hungría.
Traxectoria[editar]
Era fillo de Géza e a Raíña Sarolta, esposo de Gisela de Baviera. Esteban, era descendente do Príncipe maxiar Árpad. Trala morte do seu pai, gobernou como Gran Príncipe entre 997 e 1000, e posteriormente como rei de Hungría entre 1000 e 1038. Cristianizador dos húngaros e santo patrón.