Estadio Municipal de Butarque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Municipal de Butarque
Estadio Butarque 2009.png
Datos
Localización Leganés, Madrid
España
Construción
Inauguración 14 de febreiro de 1998 (16 anos)
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 70 m
Capacidade 8.000
Propietario Concello de Leganés
Localía Club Deportivo Leganés
Eventos
  • Festimad 2007

O Estadio Municipal de Butarque é un estadio de fútbol situado na localidade de Leganés (Comunidade de Madrid). Neste campo o principal equipo da cidade, o Club Deportivo Leganés, disputa os seus encontros como local.

O nome do campo vén pola patroa da localidade, a nosa Señora de Butarque, e comezou a construírse entre 1997 e 1998 coa intención de substituír ao antigo estadio, o Luís Rodríguez de Miguel, en cuxo terreo asentaríase posteriormente a Praza Maior de Leganés. O Estadio de Butarque foi inaugurado o 14 de febreiro de 1998 cun partido de Segunda División entre o Leganés e Xerez Club Deportivo.

Butarque pode albergar ata 8.000 espectadores, aínda que a entrada media no estadio oscila entre 5.000 e os 6.000 persoas dependendo do partido. Posúe unha tribuna cuberta para os espectadores, mentres que o resto (lateral e fondos) non teñen teito e están descubertas. No mesmo estadio atópanse as oficinas centrais do equipo e a tenda do club.

Nos terreos pertencentes ao estadio atópase tamén un campo de herba artificial, situado en fronte do campo principal, no que xoga os seus partidos o Leganés B e as divisións inferiores do equipo leganense. Ademais está proxectada a construción dunha residencia de xogadores e unha escola para a canteira.

Ademais de partidos de fútbol, o campo albergou edicións do Festimad e concertos musicais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]