Estadio Municipal Medina Lauxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Municipal Medina Lauxa
Datos
LocalizaciónLoja (Granada)
España España
Construción
Inauguración10 de decembro de 2006
Custo4 000 000
Estadio
SuperficieCéspede artificial
Capacidade1.200
PropietarioConcello de Loja
LocalíaLoja CD

O Estadio Municipal Medina Lauxa é un estadio de fútbol español da cidade de Loja, na provincia de Granada, que serve como localía ao Loja Club Deportivo. Ten capacidade para 1.200 espectadores, é de céspede artificial e ten pistas de atletismo.

Foi inaugurado o 10 de decembro de 2006 en substitución do Estadio San Francisco, campo que albergou os partidos como local do Loja CD durante máis de 45 anos.

O estadio está integrado nunha cidade deportiva.