Borrelia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borrelia é un xénero de bacterias da clase espiroqueta de forma espiralada, gram negativa, que crece en medios sintéticos e enriquecidos. É un microorganismo microaerófilo. Ten endotoxinas como factor principal de virulencia. Causa enfermidades zoonóticas en humanos transmitidas principalmente polas carrachas e piollos, dependendo da especie. Existen 37 especies coñecidas das Borrelia.