Ágar-ágar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O ágar-ágar é unha substancia mucilaxinosa que se obtén de certas algas mariñas do leste de Asia. Utilízase para a elaboración de confeituras, alimentos, fármacos, fotografías, pinturas etc. En bacterioloxía emprégase como caldo de cultivo logo que Robert Koch fixera público o seu emprego en 1882[1] . É un polisacárido formado por unidades de galactosa.
Especies de algas utilizadas para obter o ágar-ágar [editar]
-
- Sphaerococcus Euchema
- Gelidium
- Gracilaria
- Gelidiella
- Pterocladia
Notas [editar]
- ↑ Rogério Lacaz- Ruiz Manual práctico de microbiología básica. Editora da Universidade de Sao Paulo, 2008, páxina 54.