Lugar de importancia comunitaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Zona especial de conservación.
Esteiro do río Baxoi é un LIC da provincia da Coruña.

Os Lugares de importancia comunitaria (LIC)[1] son espazos naturais europeos que foron designados polos estados membros europeos como candidatos a ser declarados zona especial de conservación da Rede Natura 2000.[2][3]

Estes lugares, seguindo a directiva 92/43/CEE da Unión Europea, foron propostos polos estados membros perante un comité científico avaliador. O comité avalía o interese de conservación do espazo, polas súas características dos seus ecosistemas ou a súa biodiversidade, fauna ou flora silvestres; ou do se potencial contribuíndo a restaurar hábitats. Se o proceso de avaliación finaliza de xeito positivo, os lugares de importancia comunitaria poden ser declarados polo estado membro onde se atopa como zonas especiais de conservación (ZEC), o cal significa a súa entrada na Rede Natura 2000.[2][3] Desde o momento de aprobación polo comité europeo ata a declaración de ZEC polo estado membro non poden pasar máis de seis anos. Unha vez declarado ZEC, a Unión Europea realizará un seguimento continuo do cumprimento de conservación dese espazo natural.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En inglés Site of Community Importante (SCI).
  2. 2,0 2,1 2,2 EUR-Lex, Unión Europea (eds.). "Directiva 92/43/CEE do Conselho, de 21 de Maio de 1992, relativa à preservação dos habitats naturais e da fauna e da flora selvagens" (en portugués). 
  3. 3,0 3,1 3,2 European Commision, Natura 2000 (eds.). "Natura 2000 sites designation" (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]