Gonzalo Díaz Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de xaneiro de 2016 ás 19:30 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "'''Gonzalo Díaz Díaz''', nado en Albacete o 16 de maio de 1931{{sfn|Rodríguez de la Torre|2009|p=245}} é un filósofo español, investigador científico do C...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Gonzalo Díaz Díaz, nado en Albacete o 16 de maio de 1931[1] é un filósofo español, investigador científico do Consello Superior de Investigacións Científicas.[2]

Traxectoria

Quedou cego en 1939.[1] Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Murcia,[3] para doutorarse máis tarde na Universidade de Friburgo de Brisgovia, cunha tese titulada Begriff und Problem der Situation. Eine Untersuchung im Rahmen des Jaspers’schen Denkes.[4]

É autor dos sete volumes de Hombres y Documentos de la Filosofía Española (Consello Superior de Investigacións Científicas, 1980-2003).[5][6][7] Neles reúne unha serie de entradas biográficas dos principais filósofos da historia de España —incluíndose nesta os territorios pertencentes aos vicerreinados americanos e aqueles filósofos oriúndos da península ibérica antes da independencia de Portugal— xunto cun apartado relativo as súas obras e publicacións.[5] En 1992 concedéuselle o Premio Humboldt de Investigación.[8] Tamén foi autor de Bibliografía filosófica hispánica (1901-1970) (CSIC, 1982), canda Ceferino Santos Escudero.[9]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía