Universidade Albert Ludwig de Friburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Universidade de Friburgo de Brisgovia»)
Universidade Albert Ludwig de Friburgo
Datos xerais
Fundación1457
FundadorAlberte I de Austria
Datos actuais
Alumnos24000
Orzamento340 millóns de euros
Datos de contacto
Facebook: unifreiburg Twitter: UniFreiburg Instagram: unifreiburg Dialnet: 2956906 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Selo da Universidade coa inscrición en latín: Sigillum universitatis studii friburgensis brisgaudie (Selo da Universidade de Friburgo en Brisgaudie)

A Universidade de Friburgo (coloquialmente alemán: Uni Freiburg), oficialmente a Universidade Albert Ludwig de Friburgo (alemán: Albert-Ludwigs-Universität Freiburg), é unha universidade pública de investigación situada en Friburgo, Baden-Württemberg, Alemaña.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

A Universidade Albert Ludwig de Friburgo foi fundada o 21 de setembro de 1457 polo arquiduque Alberte VI de Austria. Foi a segunda universidade fundada no territorio dominado pola casa dos Habsburgo, despois da Universidade de Viena, e hoxe é a sexta universidade máis antiga de Alemaña, após a Universidade de Heidelberg e a Universidade de Colonia (século XIV) e a Universidade de Würzburg, Universidade de Leipzig e Universidade de Rostock (século XV) [1].

Estrutura docente[editar | editar a fonte]

A universidade está formada por 11 facultades e atrae estudantes de toda Alemaña e doutros 120 países. Os estudantes estranxeiros constitúen preto do 18,2% do número total de estudantes (en 2020 foron un total de 24.391 alumnos).[2][3]

É especialmente recoñecida en áreas como medicina, ciencias forestais, bioloxía, intelixencia artificial e tecnoloxía de microsistemas[Cómpre referencia].

Profesores, investigadores e alumnos célebres[editar | editar a fonte]

A Universidade de Friburgo estivo asociada con figuras como Hannah Arendt, Rudolf Carnap, David Daube, Johann Eck, Hans-Georg Gadamer, Friedrich Hayek, Martin Heidegger, Edmund Husserl, Herbert Marcuse, Friedrich Meinecke, Edith Stein, Paul Uhlenhuth, Max Weber ou Ernst Zermelo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A data de outubro de 2020, 22 premios Nobel están afiliados á Universidade de Friburgo como antigos alumnos, profesores ou investigadores, e 15 académicos foron galardoados co máximo premio de investigación alemán, o Premio Gottfried Wilhelm Leibniz, mentres traballaban na universidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Die fünf ältesten Hochschulen in Deutschland". www.volksstimme.de (en alemán). Consultado o 2022-05-17. 
  2. "Uni-Freiburg; Jahresbericht des-Rektors 2017-18" (PDF). uni-freiburg.de/ (en alemán). Consultado o 18-5-2022. 
  3. "Universität in Zahlen – Universität" (en alemán). Consultado o 2022-05-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.