Pilar García Rego
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario HombreDHojalata (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 10 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Pilar García Rego é unha xornalista e presentadora galega.
Traxectoria
Ten traballado en varios programas da Televisión de Galicia. En 1990 copresentou Crocante con Alberto Avendaño,[1] logo, en solitario, Esto é noticia en 1995; De todo corazón (dende o 23 de setembro de 1996) con Iolanda Vázquez; e (xa todos en solitario): dende o 18 de maio de 1998 o concurso cultural Todos a bordo e, estreado o 20 de xaneiro de 2003, O sabichón, que foi un microespazo feito en colaboración coa UE.
Entre 2006 e 2013 presentou Alalá.[2] e dende o 23 de setembro de 2013, substituíndo a María Solar, presenta Zigzag diario.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Maneiro, Arturo; 25 anos de Televisión de Galicia. De 1985 a 2010
Ligazóns externas
- Pilar García Rego na IMDb (en inglés).