Huangfu Mi
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (zh) 皇甫靜 ![]() 215 (Gregoriano) ![]() Cao Wei ![]() |
Morte | 282 (Gregoriano) ![]() Dinastía Jin ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Dinastía Jin Dinastía Jin do Oeste ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
Lingua | Lingua chinesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Familia | Q15904392 ![]() ![]() |
Pai | Q67021354 ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Chinese_woodcut%2C_Famous_medical_figures%3B_Huangfu_Mi_Wellcome_L0039322.jpg/220px-Chinese_woodcut%2C_Famous_medical_figures%3B_Huangfu_Mi_Wellcome_L0039322.jpg)
Huangfu Mi (chinés tradicional: 皇甫謐; chinés simplificado: 皇甫谧; pinyin: Huángfǔ Mì; Wade-Giles: Huang2-fu3 Mi4), nome de cortesía Shi'an (士安), nado no 215 a. C. e finado no 282 a.C., foi un erudito e médico chinés que viviu durante o período final da dinastía Han, o dos Tres Reinos, e o comezo da dinastía Jin.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia de agricultures pobres de Chaona[1], na actual provincia de Gansu. Sufriu apoplexía e decidiu estudar medicina. Entre 256 e 260, cara á fin do estado de Cao Wei, compilou un tratado de acupuntura Zhenjiu jiayi jing, unha obra en 12 volumes[2] divididos en 128 capítulos e que incorporaba as partes máis importantes dos considerados tres clásicos da época, Huangdi Neijing, Zhenjing e Mintang Kongxue Zhenjiu Zhijao [3], converténdose un dos primeiros traballos sistemáticos sobre acupuntura e moxibustión, e tamén un dos máis influentes[4]. Compilou tamén diversos tratados sobre fórmulas médicas [5] Para alén das súas obras médicas tamén compilou dez libros nunha serie denominada Diwang shiji no que recolle fragmentos históricos dunha multitude de fontes, e no que traza a orixe de varias casas reinantes ao pasado remoto; escribiu ademais biografías de personalidades eminentes que agrupou en Gaoshi zhuan, un dos primeiros exemplos de biografía colectiva.[6] En Shiquan lun filosofa sobre a obriga moral de servir nun posto, en particular se o gobernante é un tirano.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Li Yaming 李亞明 (1996), "Huangfu Mi 皇甫謐" in Feng Kezheng 馮克正, Fu Qingsheng 傅慶升 (ed.), Zhuzi baijia da cidian 諸子百家大辭典 (Shenyang: Liaoning renmin chubanshe), p. 77.
- ↑ Orixinalmente eran 10 mais posteriormente reordenouse en 12: "Huangfu Mi" en chinaculture.org
- ↑ Hong Wuli (2008) "Huangfu Mi" in Encyclopaedia of the History of Science, Technology, and Medicine in Non-Western Cultures Springer pp 1081-1081
- ↑ Cheng Xinnong Chinese Acupuncture and Moxibustion, 1987
- ↑ Miranda Brown (2015)The Art of Medicine in Early China: The Ancient and Medieval Origins of a Modern Archive Cambridge University Press, p. 135
- ↑ Wendy Swartz, Robert Campany, Yang Lu, Jessey Choo (2013) Early Medieval China: A Sourcebook Columbia University Press, 2013, p. 334