Esenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esenia
OrixeVigo, Galiza
Período2004 - 2011
Xénero(s)Gothic-Metal
Selo(s) discográfico(s)Qmram records
MembrosMarcos Díaz (batería),
José López de Guereñu (teclado),
Manuel Seoane (baixo),
Diego Cossío (voz),
Andrés Cunha (guitarra),
Adrián P. Fojo (guitarra)
Antigos membrosJavier, Cristina
Na rede
www.esenia.org

Esenia foi unha banda viguesa de gothic-metal, nacida no verán de 2004. Formada por membros doutras bandas da cidade, xuntáronse coa pretensión de facer un grupo serio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezan facendo versións de grupos como Him, Entwine ou The 69 eyes, e axiña comezan a dar concertos con temas propios. En xaneiro de 2005 participan no primeiro festival Planeta Musical, para o que editan editan Creo, un sinxelo con 3 temas, un propio ("Creo") e dúas versións de Him. En outubro de 2005 sae ó mercado Amnio, un EP autoproducido que recibe moi boas críticas en medios especializados. Coa distribución deste EP comezan a ser coñecidos, o que lles permite saír a tocar a lugares como Oporto ou Madrid.

En marzo de 2006 hai cambios na formación. É expulsado Javier, membro orixinal da banda, sendo substituído por Andrés, membro tamén da banda de rock'n'roll High Sierras. Tamén no 2006 Cristina deixa a banda por motivos persoais, pasando a formación a ser un sexteto.

Ese ano editan o sinxelo Fragmentos, adianto do seu primeiro CD, que ten previsto ser editado no 2007.

No 2007 aparecen no recompilatorio Gallaecian metal compilation, editado por Falcatruada. O seu tema "Creo" aparece no segundo cd (Fusco).
Ese mesmo ano participan na Rede Galega de Música ao Vivo, dando concertos nas catro provincias.

En maio de 2011 anunciaron a disolución da banda no seu perfil de Facebook[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]