Escalada ao Montjuic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Escalada a Montjuic (tamén coñecida como Subida a Montjuic) era unha competición ciclista disputada en Cataluña durante o mes de outubro, cerca do final da tempada ciclista profesional.

Celebrouse dende o ano 1965 ao 2007. A proba que se disputaba nun circuíto sobre a montaña de Montjuic constaba de varias probas distintas: veteranos, féminas, elite sub-23, cadetes, júniors e profesionais, ademais dunha proba en tándem para invidentes, a proba profesional se disputaba sobre dous sectores, unha proba en liña e outra contrarreloxo. A última edición, que xa non estaba no calendario de carreiras da Unión Ciclista Internacional a pesar de seguir contando con corredores profesionais, foi no 2007.

Eddy Merckx, con seis trunfos, é o ciclista que máis veces gañou a proba, seguido de Marino Lejarreta, que o fixo en cinco ocasións.

Estivo organizada por l'Esport Ciclista Barcelona.