Escala pentatónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha escala pentatónica, é unha escala musical que está formada por 5 sons por oitava, e que se compón tamén de segundas maiores e terceiras menores. Emprégase para acadar unha sonoridade oriental. Este tipo de escala é moi empregado en todo o mundo, no hard rock, no heavy metal, no blues, na música para o krar etíope e a gamelan da Indonesia, as melodías dos espirituais, a música celta, os músicos das Montañas do Tatra e a música do compositor francés Claude Debussy.

Para conseguir unha escala pentatónica maior, suprímense o cuarto e o séptimo grao da escala maior desexada, e se queremos acadar escalas pentatónicas menores suprímense o segundo e o sexto grao.