Epsilon Orionis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A luz de Alnilam atravesa a NG 1990. Fotografía de Glenn Youman

Epsilon Orionis (ε Orionis / ε Ori / 46 Orionis), tamén coñecida coma Alnilam é unha grande estrela azul na constelación de Orión de magnitude aparente 1.7 e a 1.340 anos luz da Terra, o nome deriva do árabe Al Nitham ou Al Nathm (O anel de perlas). É a cuarta estrela máis luminosa de Orión. É unha das 57 estrelas usadas na navegación celestial. Nas latitudes medias, é o punto máis alto no cero arredor das 10 PM do 10 de decembro.

O seu espectro relativamente simple fíxoa útil para estudar o medio interestelar.

Está arrodeada dunha nube molecular, NGC 1990, os seus ventos estelares chegan aos 2.000 km/s, o que causa que perda masa vinte millóns de veces máis rápido có Sol.

Alnilam é unha superxigante azul que seguramente mudará en superxigante vermella e entón estourará como unha supernova: segundo os astrónomos ocorrerá dentro dun millón de anos.