Epicarmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Epicarmo (en grego antigo: Ἐπίχαρμος, Epíkharmos) (ca 540 a.C. - ca 450 a.C.) foi un comediógrafo e poeta grego, atribúenselle corenta comedias das que restan tan só algúns títulos e fragmentos das súas obras. É o máximo representante con Pratinas do primeiro período da comedia grega.

Aristóteles na súa Poética sinala como lugar de nacemento Megara, en Sicilia pero viviu en Siracusa durante gran parte da súa vida.

Títulos[editar | editar a fonte]

  • Ulises desertor.
  • Ulises náufrago.
  • Sereas.
  • Casoiro de Hebe e Hércules.
  • Hércules e Folo.
  • Ciclopes.
  • O amigo.
  • Terra e mar.
  • A megaresa.
  • Visitantes do templo.
  • Esperanza ou riqueza.
  • Os peregrinos.
  • Dionisios.
  • A esfinxe.
  • As Bacantes.
  • Os troianos.