Enrique de los Arcos Fajardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique de los Arcos Fajardo
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Mortefebreiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Enrique de los Arcos Fajardo, nado en Madrid en 1884 e finado no Carballiño en decembro de 1948,[1] foi un médico e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco de los Arcos, tenente coronel da Garda Civil e irmán de Francisco de los Arcos Fajardo, que tamén foi tenente coronel da Garda Civil. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1907. Exerceu como médico en Sigüeiro e dende 1925 no Carballiño, onde foi médico forense e médico municipal. Foi impulsor da Sociedade Cultural Deportiva (1926) e creou unha escola onde impartía aulas gratuítas despois da xornada laboral. Foi membro da UGT e presidente da Casa do Pobo de Carballiño. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como médico titular e inspector de sanidade do concello. As influencias familiares, as amizades de xentes de dereitas e o feito de ser médico das monxas do asilo, librárono de maiores represalias. Abríronlle expediente de incautación de bens en agosto de 1937.[2] Curou ás agachadas ao seu correlixionario Evaristo Carballo Nóvoa que enfermou cando estaba agochado nunha bodega. Recuperou o seu posto en agosto de 1941.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Coruña en 1906 con Dolores Pérez Rodilla en xuño de 1906,[3] e foi pai de Dolores, Enrique, Adela, Elvira, Francisco e María de la Concepción de los Arcos Pérez. A súa filla Adela casou no Carballiño con José Echeverría Novoa en febreiro de 1933.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 22-12-1948, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 7-8-1937, p. 5.
  3. Coruña Moderna, 24-6-1906, p. 8.
  4. El Progreso, 7-2-1933, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]